1205
 
INTRODUCIÓN

As abellas son axentes vitais para a diversidade biolóxica, xa que a polinización está na base dos ecosistemas. Son o grupo predominante e principal de polinizadores dende o punto de vista económico e medioambiental.

A apicultura ecolóxica constitúe un claro exemplo de aproveitamento sostible dos recursos naturais. Contribúe á produción agraria a través da polinización e á dimensión ecolóxica coma fonte de garantía e calidade ambiental.

A Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), en colaboración coa Deputación de Pontevedra, está a desenvolver un programa encamiñado a formar a toda a xente interesada sobre xestión e  boas prácticas nos colmeares de cara á produción de mel ecolóxico e derivados.

POBOACIÓN DE INTERESE

Agricultores, gandeiros, produtores ecolóxicos, e apicultores da provincia de Pontevedra, con especial atención aos mozos e mozas da provincia con interese na vida no rural e en coñecer formas de negocio que resulten atractivas e innovadoras.

 

OBXECTIVO DO PROXECTO:

– Fomentar a produción de mel ecolóxico.

– Mellorar a capacitación técnica dos apicultores.

– Concienciar sobre o coidado do medio ambiente a través de prácticas verdes.

– Promover a elaboración de subprodutos e derivados do mel (cera, propóleo, apitoxinas, etc.)

 

ACCIÓNS:

Dípticos e folletos informativos sobre o proxecto nas oficinas da entidade dispostas na provincia.

Cursos online nos que os interesados adquirirán os coñecementos precisos para a produción de mel ecolóxico e o aproveitamento dos subprodutos do mesmo.

Puntos físicos de asesoramento e información especializada.

Microvideos nos que se explicarán e ilustrarán técnicas de manexo das colmeas, asi como tamén de elaboración e produción de mel ecolóxico e subprodutos derivados do mesmo.

Divulgación e difusión do proxecto online na web e nas redes sociais da entidade.

 

CONTACTO

ASOCIACIÓN SECTORIAL FORESTAL GALEGA – ASEFOGA

http://asefoga.org/

dpto.programas@asefoga.org