1412
1386

PROBLEMÁTICA EXISTENTE:

A prevención de incendios forestais é unha actividade vital para atallar este problema recorrente na nosa rexión, aínda que no pasado este problema concentrábase nos meses de verán, vemos que dita problemática estase a desestacionalizar e cada vez son máis frecuentes os incendios en período non estival. O cambio nos patróns climáticos xunto ao abandono de zonas rurais está a ser un dos principais acelerantes da problemática dos incendios forestais ocasionando graves consecuencias ambientais, económicas e sociais. Nos últimos anos, houbo un aumento da superficie forestal afectada por incendios, e detectáronse fallos na prevención e xestión dos mesmos.

As causas do problema son diversas, entre elas a falta de investimento en medidas preventivas, a inadecuada xestión dos montes, a falta de conciencia ambiental e a carencia de ferramentas tecnolóxicas avanzadas. Ante esta situación, faise necesario implementar un proxecto que aborde as causas subxacentes do problema e contribúa á recuperación e coidado da contorna, a través da prevención e a restauración forestal, apoiada no uso de tecnoloxías innovadoras e modelos de xestión sostible.

Os métodos tradicionais de prevención están a demostrarse como insuficientes para abordar o problema, pero existen novas técnicas de prevención baseados en tecnoloxías TIC que permiten unha detección precoz e inmediata dos incendios. O detectar en tempo real a fase de ignición dun incendio e  lograr que non entre na fase de crecemento é a forma máis eficiente, eficaz e realista de apagar un incendio. O custo comparativo a nivel económico dos sistemas de detección temperá versus o dos  operativos de apagado de incendios é inferior a 1 por 1.000 en beneficio do primeiro. Sen ter en conta que o primeiro sistema reduce drasticamente as consecuencias ambientais, sociais e económicas que carrexan os incendios.

Por outra banda, estes sistema permitirían abaratar a contratación de seguros de protección #ante incendios, o que redunda en redución  de custos e maior seguridade para os titulares de explotacións forestais.

 

En relación á recuperación de terreos forestais queimados, existen unha serie de accións estándar a desenvolver: preparación do terreo para as choivas, retirar madeira queimada, determinar que árbores poden recuperarse, desenvolver un plan de repoboación, ver infraestruturas danadas e plan de recuperación das mesmas. Tamén nesta fase existen novas aplicacións TIC e tecnoloxías con certa madurez que poden axudar nos mencionados labores de recuperación.

Este proxecto céntrase na aplicación das TIC e de novos modelos para a prevención de incendios forestais e a recuperación de terreos queimados, o que permitirá mellorar a situación actual e reducir o risco de incendios forestais, preservando o patrimonio ambiental e fomentando o desenvolvemento sostible da rexión.

 

O PROXECTO FORESTECH:

A prevención de incendios forestais é unha actividade vital para atallar un problema recorrente na nosa rexión, aínda que no pasado este problema concentrábase nos meses de verán, vemos que estase a desestacionalizar e cada vez son máis frecuentes os incendios en período non estival. O cambio nos patróns climáticos xunto ao abandono de zonas rurais está a ser un dos principais acelerantes dos incendios forestais ocasionando graves consecuencias ambientais, económicas e sociais. Nos últimos anos, houbo un aumento da superficie forestal afectada por incendios, e detectáronse fallos na prevención e xestión dos mesmos.

O proxecto Forestech baséase na prevención de incendios forestais e a recuperación de zonas incendiadas a través da implementación de solucións TIC e o desenvolvemento de novos modelos de recuperación restauración forestal.

Levaránse a cabo actuacións co fin de minimizar o risco de incendios e a súa propagación, poñendo especial atención na prevención e minimización de danos naqueles lugares de maior risco e na mellora da capacidade de resposta ante incendios forestais. Para iso, levarán a cabo os seguintes bloques de actuacións: A – Prevención, B – Recuperación, C – Asesoramento, D – Plan de comunicación.

As actuacións A e B son accións divulgativas e formativas encamiñadas á implementación de solucións TIC tales como sistemas de detección temperá de incendios, aplicacións móbiles e plataformas web para a xestión de información e alerta, e ao desenvolvemento de novos modelos de recuperación forestal que permitan mellorar a calidade do bosque e as masas forestais, a biodiversidade e a sustentabilidade ambiental.

A actuación C céntrase en asesorar aos interesados en ditas medidas, a saber, propietarios particulares de terreos forestais, propietarios comunitarios de terreos forestais e concellos.

A actuación D é unha actividade troncal a través da cal se divulga o proxecto, as súas actuacións e os contidos xerados no mesmo, a fin de obter a maior repercusión posible.

 

QUERES ESTAR AO DÍA E COÑECER MÁIS DETALLES SOBRE AS POSIBILIDADES QUE A TECNOLOXÍA OFRECE NO EIDO DA PREVENCIÓN DE INCENDIOS E A RECUPERACIÓN DE TERREOS FORESTAIS QUEIMADOS?

 

A CONTRIBUCIÓN DO PROXECTO Á RECUPERACIÓN E COIDADO DA CONTORNA:

Este proxecto contribúe significativamente á recuperación e coidado do entorno a través da implementación de novas tecnoloxías e instrumentos de prevención de incendios e recuperación de superficies queimadas.

A prevención de incendios forestais é un dos principais obxectivos do proxecto, o que conleva a protección da fauna e flora autóctonas e a conservación dos ecosistemas forestais. Ademais, a utilización de tecnoloxías innovadoras para a xestión forestal e a recuperación de terreos queimados permitirá unha xestión máis eficiente e sostible dos recursos naturais, o que contribuirá á redución da pegada de carbono e ao fomento da biodiversidade.

 

  1. Redución do risco de incendios forestais: A implementación de solucións TIC e novos modelos de restauración forestal contribúe directamente a reducir o risco de incendios forestais, o que á súa vez reduce a perda de biodiversidade e a degradación do chan. Isto contribúe a manter o equilibrio do ecosistema e a protexer a fauna e flora local.
  2. Mellora da calidade do aire: A recuperación e coidado da contorna natural a través da prevención de incendios e a restauración forestal contribúe a mellorar a calidade do aire local.
  3. Xeración de emprego local: A implementación do proxecto pode xerar emprego local, especialmente en tarefas relacionadas coa prevención de incendios e a restauración forestal, o que redundará nunha mellora da economía local e no fomento do desenvolvemento sostible da zona.
  4. Promoción do turismo sostible: A recuperación e coidado da contorna natural pode atraer a turistas interesados no turismo sostible, o que á súa vez pode contribuír a impulsar a economía local. Ademais, a contorna natural recuperada e coidado pode ser un atractivo para visitantes interesados en actividades como o sendeirismo, a observación de fauna e flora, entre outras.
  5. Promoción da educación e concienciación ambiental: Este proxecto supón unha oportunidade para promover a educación e concienciación ambiental na poboación local. A través de accións divulgativas e formativas, pódese sensibilizar á poboación sobre a importancia da prevención de incendios e a restauración forestal, así como sobre a necesidade de coidar e protexer a contorna natural.

 

ÁMBITO XEOGRÁFICO DE DESENVOLVEMENTO E BENEFICIARIOS:

O proxecto actúa nos municipios de Pontevedra, Poio e Marín, aínda que o conxunto global da actividade do proxecto lévase a cabo nun radio máis amplo no resto de oficinas da entidade na provincia.

As accións están orientadas cara os propietarios forestais, tanto particulares como veciñais, así como tamén no público en xeral, e lévanse a cabo a través da organización de accións divulgativas e formativas e a creación dun Espazo de Asesoramento Forestal “PAF ENCE”.

1395
 

RESUMO DE ACTIVIDADES:

PREVENCIÓN:

  • Manual de Solucións TIC para a Prevención e Mitigación de Incendios.
  • Fichas TIC Prevención.
  • Espazos demostrativos: “As novas tecnoloxías para a Prevención incendios forestais”.

 

 

RECUPERACIÓN:

  • Guía práctica para a recuperación forestal tras incendios: “Novos modelos de recuperación de terreos queimados”
  • Fichas TIC Recuperación
  • Espazos demostrativos: Novas tecnoloxías e modelos na recuperación de terreos queimados

 

ASESORAMENTO:

  • Espazo de Asesoramento Forestal – PAF ENCE.
  • Díptico Informativo PAF ENCE

 

PLAN DE COMUNICACIÓN:

  • Roldas de prensa
  • Divulgación RRSS.
  • Divulgación en web do proxecto e de todos os contidos.
  • Canle Newsletter.
DESCARGUE O MANUAL!

 

DESCARGUE A GUÍA!

 

DESCARGE O DÍPTICO!

 

DESCARGUE AS FICHAS TIC