ASEFOGA participa no programa Empleaverde, do Ministerio para la Transición Ecológica . Unha iniciativa da Fundación Biodiversidad para a o impulso e a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente que conta co financiamento do Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

O proxecto de INTRODUCCIÓN Á APICULTURA ECOLÓXICA MODERNA ten como obxectivo capacitar ás persoas participantes para por en marcha e xestionar unha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o emprego de novas tecnoloxías e un márketing axeitado.

 

DESCRICIÓN E DESTINATARIOS

O proxecto desenvolverase nas comunidades autónomas de Galicia e Castilla La Mancha.

Está destinado a persoas en situación de desemprego, que poderán cursar a formación en tres modalidades diferentes:

  • Presencial: 50 horas
  1. Introdución á apicultura ecolóxica moderna.
  2. Revisión das colmeas e medidas preventivas para a loita contra a Vespa velutina.
  3. Métodos de multiplicación das colmeas. Aplicación de medidas para recoller o pole. Preparación para a cría de raínas
  4. Revisión das colmeas incubadoras para a cría de raínas. Outros métodos para a cría de raínas. Revisión e colocación de alzas.
  5. Extracción de mel, pole, própole, apitoxina e xelea real.
  6. Profilaxes e tratamentos sanitarios en AE. Preparación das colmeas para a invernada. Alimentación complementaria das colmeas en AE.
  7. Elaboración de produtos ecolóxicos derivados do mel.
  8. Xestión e comercialización, mediante o emprego das novas tecnoloxías e marketing axeitado. Elaboración de plans empresariais. Estratexias de busca de emprego e preparación do CV.

 

  • Mixto: 40 horas e-learning + 10 horas presenciais
  • A distancia: 50 horas e-learning
  1. Principios xerais de produción apícola ecolóxica moderna.
  2. Revisión das colmeas e medidas preventivas para a loita contra a Vespa velutina
  3. Colocación e alimentación dos colmeares en AE.
  4. Técnicas de produción apícola en equilibrio coa natureza. Manexo e métodos de  reprodución das colonias.
  5. Métodos para a cría de raínas.
  6. Profilaxes e tratamentos veterinarios en AE.
  7. Extracción de mel, pole, própole, apitoxina e xelea real. Elaboración de produtos ecolóxicos derivados do mel.
  8. Xestión e comercialización, mediante el emprego das novas tecnoloxías e marketing axeitado.
  9. Elaboración de plans empresariais. Estratexias de búsqueda de emprego e preparación do CV. Tramitación das solicitudes de incorporación á AE

ministerio biodiversidad emplea unioneu asefoga UPA Castilla La Mancha