1440
 
Galicia é unha Comunidade Autónoma no cal o sector forestal é de importante relevancia, sendo o sector madereiro o produto mais comercializado. Según datos da  Consellería de Medio Rural indican que máis de 2 millóns de hectáreas do territorio galego son superficie forestal, e en relación á provincia de A Coruña, son case 800.000 ha, o que representa o 64% da superficie da provincia.

Sen embargo, os montes tamén son fonte doutros recursos forestais menos coñecidos pola sociedade e cuxa explotación diminuíu debido fundamentalmente ao éxodo da poboación rural cara aos núcleos urbanos. Entre estes productos destacan: resinas, cortiza, esparto, froitos, fungos e plantas diversas.

As novas tecnoloxías existentes no mercado e os novos coñecementos no sector dotan a estes produtos de valores para nada depreciables dentro do ámbito socioeconómico e ambiental.

ASEFOGA, coa colaboración da Deputación de A  Coruña, pon en marcha este proxecto no que se realizarán xornadas co obxectivo de dar a coñecer de primeira man o valor e as vantaxes da explotacións destes recursos estratéxicos da provincia que van a favorecer a economía da provincia de A Coruña xerando ingresos, creando postos de traballo e contribuíndo a conservación do medio ambiente, así como promover a sustentabilidade ambiental da provincia a través dunha maior posta en valor do monte e do fomento do seu coidado.