Desde Asociación Sectorial Foresta de Galicia (ASEFOGA) iniciouse o proxecto APIREDNA dentro do programa Empleaverde. O Programa Empleaverde do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente é a iniciativa da Fundación Biodiversidade para o impulso e a mellora do emprego, o emprendimiento e o medio ambiente. Está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.
O proxecto APIREDNA ten como obxectivo mellorar a empregabilidade, impulsar as producións apícolas de calidade en espazos protexidos e promover a sustentabilidade do sistema (produción, transformación, distribución e consumo) desde o punto de vista ecolóxico, económico e social.
DESCRICIÓN DO PROXECTO.
O proxecto desenvolverase en zonas da Rede Natura de Galicia e Estremadura. Os seus destinatarios serán persoas traballadoras en situación de activo que estean interesadas en levar a cabo unha iniciativa empresarial, co obxectivo de diversificar a súa actividade nestes espazos ou para traballar no sector apícola. O proxecto estrutúrase en tres partes:
- Formación teórico-práctica relacionada co sector apícola.
- Asesoramento a persoas interesadas en aumentar a súa produción e/ou na diversificación de produtos apícolas dunha maneira sustentable.
- Formación dunha rede que aglutine a todos os axentes implicados no desenvolvemento rural nestas zonas protexidas.