Proxecto piloto que ten como obxectivos principais, por un lado, a preservación e a mellora xenética dos recursos apícolas do parque natural baixa Limia-serra do Xurés e por outro, a transformación dixital nos procesos apícolas do parque, mellorando a sustentabilidade deste sector, aumentando o marxe de supervivencia das abellas, mellorando a súa produtividade e diminuíndo a tendencia a utilizar razas foráneas, por parte dos apicultores locais.
O proxecto consiste na creación dun centro de cría, selección e mellora xenética dentro do parque, xestionado polos propios apicultores do parque, coordinados pola asociación forestal galega e co asesoramento dun centro de investigación (universidade de Vigo). Traballarase en tres aspectos principais: recuperación de ecotipos locais, aumento da produción de mel e mellora da resistencia as enfermidades e as especies exóticas invasoras. os recursos obtidos no centro de cría, serán distribuídos entre os apicultores do parque. os apicultores que participen no proxecto deberan integrar unha serie de dispositivos nas súas cólmenas que proporcionen a información necesaria e que será integrada nunha plataforma dixital , que facilitará a toma de decisións.
Ademais, para optimizar os resultados do proxecto, deseñarase e porase en práctica un sistema que proporcione unha estrutura operacional de traballo, que estea ben integrada na xestión da actividade apícola. o sistema incluirá unha aplicación móbil que servirá como ferramenta de traballo para os apicultores, e unha plataforma de servizos e de información. este sistema permitirá unha xestión eficiente da información e de todos os procesos e elementos implicados, coa finalidade de mellorar a calidade dos mesmos.
- Mellorar a sustentabilidade do sector apícola no parque, desde o punto de vista económico, social e ambiental, mediante a selección e mellora xenética e a innovación tecnolóxica.
- Recuperar as poboacións locais de abella doméstica, salvagardando o material xenético portador desta información e no posible seleccionando os caracteres máis interesantes.
- Reducir os índices de mortalidade das colmeas, aumentar a súa produtividade e minimizar os tratamentos veterinarios que se están aplicando no sector apícola (sobre todo na loita contra o ácaro várroa), aplicando métodos e enfoques ecolóxicos novos na apicultura da zona.
- Promover a incorporación das novas tecnoloxías na actividade apícola.
- Contribuír á mitigación e adaptación do sector ao cambio climático.
Entidades Colaboradoras:
- Universidade de Vigo
- Asociación Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande
Convocatoria: Axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR331A).