O proxecto de INTRODUCCIÓN Á APICULTURA ECOLÓXICA MODERNA ten como obxectivo capacitar ás persoas participantes para por en marcha e xestionar unha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o emprego de novas tecnoloxías e un márketing axeitado.
DESCRICIÓN E DESTINATARIOS
O proxecto desenvolverase nas comunidades autónomas de Galicia e Castilla La Mancha.
Está destinado a persoas en situación de desemprego, que poderán cursar a formación en tres modalidades diferentes:
- Presencial: 50 horas
- Introdución á apicultura ecolóxica moderna.
- Revisión das colmeas e medidas preventivas para a loita contra a Vespa velutina.
- Métodos de multiplicación das colmeas. Aplicación de medidas para recoller o pole. Preparación para a cría de raínas
- Revisión das colmeas incubadoras para a cría de raínas. Outros métodos para a cría de raínas. Revisión e colocación de alzas.
- Extracción de mel, pole, própole, apitoxina e xelea real.
- Profilaxes e tratamentos sanitarios en AE. Preparación das colmeas para a invernada. Alimentación complementaria das colmeas en AE.
- Elaboración de produtos ecolóxicos derivados do mel.
- Xestión e comercialización, mediante o emprego das novas tecnoloxías e marketing axeitado. Elaboración de plans empresariais. Estratexias de busca de emprego e preparación do CV.
- Mixto: 40 horas e-learning + 10 horas presenciais
- A distancia: 50 horas e-learning
1: Principios xerais de produción apícola ecolóxica moderna.
2: Revisión das colmeas e medidas preventivas para a loita contra a Vespa velutina
- Colocación e alimentación dos colmeares en AE.
4: Técnicas de produción apícola en equilibrio coa natureza. Manexo e métodos de reprodución das colonias.
5: Métodos para a cría de raínas.
6: Profilaxes e tratamentos veterinarios en AE.
7: Extracción de mel, pole, própole, apitoxina e xelea real. Elaboración de produtos ecolóxicos derivados do mel.
- Xestión e comercialización, mediante el emprego das novas tecnoloxías e marketing axeitado.
9: Elaboración de plans empresariais. Estratexias de búsqueda de emprego e preparación do CV. Tramitación das solicitudes de incorporación á AE