A superficie forestal é un recurso estratéxico da provincia de A Coruña, para a xeración de emprego e o desenvolvemento económico da súa contorna.
A madeira é o produto forestal máis coñecido e comercializado neste tipo de superficie, pero os montes tamén nos proporcionan outros produtos forestais, de natureza non madeireira, non tan coñecidos pola sociedade pero que son moi cotizado debido ao seu alto valor engadido.
Froitos silvestres, fungos, produtos apícolas, como mel, polen ou cera, plantas aromáticas e medicinais, resinas, corcho, biomasa, actividades de lecer, pesca, caza… Tradicionalmente estes produtos eran denominados aproveitamentos secundarios nos montes, pero a súa explotación diminuíu debido fundamentalmente ao éxodo da poboación rural cara aos núcleos urbanos.
As novas tecnoloxías existentes no mercado e os novos coñecementos existentes permiten unha explotación destes produtos non madeireiros con valores nada depreciables, que van a repercutir favorablemente na provincia de A Coruña, xerando beneficios socioeconómicos tales como: a posta en valor de materias primas locais, o desenvolvemento económico e xeración de emprego en zonas rurais, favorecendo o asentamento da poboación rural entre outros. En relación aos beneficios medioambientais, vai axudar a prevención de incendios forestais xa que os montes estarán máis coidados e vixiados, ademais de favorecer a súa multifuncionalidade: protección da erosión, favorecer a biodiversidade, regular o clima…
Perante esta situación, ASEFOGA ca financiación da Deputación de A Coruña, pon en marcha este proxecto no que editará un manual e realizará xornadas de sensibilización sobre os produtos non madeireiros que ofrecen os nosos montes.