Concretamente na provincia de A Coruña, ten unha gran relevancia no sector, tanto pola súa repercusión económica no sector produtivo do mel, como pola súa importancia no equilibrio ecolóxico como base para a conservación da biodiversidade a través da polinización.
Existe unha idea arraigada pero incorrecta de que o mel é o único produto que se pode rendibilizar das colmeas, e que para aumentar o rendemento das explotacións apícolas se necesitan máis colmeas. Pero, existen outros subprodutos que proporcionan as colmeas e que son susceptibles de ser comercializados sen necesidade de aumentar o número de colmeas da explotación, como son o pole e a cera.
O coñecemento de técnicas e procesos de obtención destes subprodutos e a súa posterior comercialización, vai a repercutir favorablemente na provincia de A Coruña, xerando beneficios socioeconómicos na mesma diversificando a produción apícola e poñendo en valor produtos locais. Entre os beneficios medioambientais cabe destacar a contribución a mellora do servizo ecosistémico máis importante da natureza, a polinización, contribuíndo así a restablecer os equilibrios ecolóxicos na zona. O uso dos montes, para a produción apícola, tamén vai a axudar a prevención de incendios xa que estes van a estar mais coidados e vixiados.
Perante esta situación, ASEFOGA ca financiación da Deputación de A Coruña, pon en marcha este proxecto no que realizará xornadas de sensibilización sobre a posta en valor do polen e da cera como subproduto apícola.
Queres recibir máis información?
- proxectos@asefoga.org
Contacto
Rúa Doutor Maceira, nº13 baixo.
15706 Santiago de Compostela (A Coruña)