1403
Na provincia de A Coruña, as condicións climáticas e do solo proporcionan un entorno propicio para a apicultura. Na última década, as explotacións apícolas medraron significativamente, consolidando a provincia como un importante foco deste sector en crecemento.

Datos recentes da Consellería de Medio Rural revelan que en 2022, A Coruña albergaba 25.541 colmeas distribuídas en 931 explotacións. A apicultura, con profundas raíces culturais na provincia, non só aporta contribucións económicas senón que tamén xoga un papel fundamental na preservación da biodiversidade a través da polinización.

Contrariamente á idea común, a apicultura non só implica a produción de mel, senón  que tamén ofrece oportunidades de diversificación sen necesidade de aumentar o número de colmeas. A colmea ofrece unha variedade de produtos comercializables, como mel, pole, propole, cera, cera de abella pura estirada en panal de mel, larvas de tiña falsas para a pesca, apitoxina, raíñas virxes ou fecundadas, enxames, paquetes de abellas, xalea real, hidromel, así como actividades relacionadas coa formación, apiterapia, apiturismo ou polinización, entre outros.

ASEFOGA coa colaboración da Deputación de A Coruña pon en marcha este proxecto no que realizará xornadas de sensibilización sobre a posta en valor do propole, apitoxina e xalea real como subproduto apícola.  A través da implementación deste proxecto buscase diversificar e comercializar estes produtos para ofrecer oportunidades económicas aos apicultores, xerando ingresos adicionais e creando empregos na rexión.

 

A través da difusión de técnicas de produción, recolección e comercialización destes subprodutos, o proxecto procura fortalecer os coñecementos dos apicultores, e outros interesados á vez que aspira a contribuír á conservación do medio ambiente e promover a diversidade no sector apícola. A súa implementación procura non só fortalecer os vínculos coa tradición apícola da provincia, senón tamén fomentar unha explotación racional e sostible dos recursos naturais.

Queres obter o Manual do proxecto?

Escríbenos a proxectos@asefoga.org. Enviámoscho sen custo!

Tríptico informativo

Descárgao agora!