Actualmente, o impacto do cambio climático na apicultura galega e estremeña, está a xerar perdas no sector.

A adaptación do sector apícola ao Cambio Climático non só radica na importancia económica e social do sector senón que radica tamén na IMPORTANCIA ECOLÓXICA.  A función das abellas vai máis aló do procesamiento do mel, xa que as abellas realizan unha das funcións ecosistemáticas máis importantes da natureza: A POLINIZACIÓN.

Como dixo Albert Einstein, as abellas son moi importantes para o desenvolvemento do home. Sen elas, o 60% das froitas e verduras que hoxe consumimos desaparecerían ao non ser polinizadas.

As abellas non só son imprescindibles para a existencia de miles de especies vexetais senón  tamén dos animais que se alimentan delas, tanto domésticos como silvestres, xogando un papel fundamental na cadea trófica.

Nos anos 80 a FAO estableceu un valor económico de polinización estimado en 20 veces o valor comercial dos produtos obtidos da colmea. O valor da polinización para a agricultura europea estímase nun 22 mil millóns de euros anuais e a nivel mundial dun 153 mil millóns de euros.

É por todo iso que existe unha NECESIDADE de crear FERRAMENTAS ÚTILES para a TOMA DE DECISIÓNS, tanto por parte dos apicultores como das administracións, en relación á  adaptación do sector apícola ao Cambio Climático.

Desde o proxecto APICAMBIO, pretendemos elaborar unha serie de medidas de adaptación e mitigación ao Cambio Climático do sector apícola galego e estremeño.

Accións do proxecto:

701
  • Entrevistas a profesionais do sector apícola
  • Elaboración de dous guía s (Galicia e Estremadura) de adaptación para o sector apícola
  • Difusión das guías entre os profesionais do sector e as Administracións mediante: Seminarios de sensibilización , Talleres no colmenar e Envío de guías a diferentes axentes interesados
  • Posta en marcha dun servizo de asesoramento para a aplicación de medidas
Obxetivos:
  • Establecer mecanismos de participación dos profesionais apícolas na elaboración das medidas de adaptación
  • Elaborar medidas de adaptación e mitigación do sector apícola ao cambio climático, coa participación dos profesionais do sector
  • Divulgar as medidas de adaptación entre os profesionais do sector apícola e entre as diferentes administracións
  • Crear un servizo de acompañamento para facilitar aos profesionais do sector apícola, a implantación destas medidas.

asefoga ministerio biodiversidad Pima asefoga