ASEFOGA desenvolve multitude de traballos para incremento do valor engadido dos montes privados e das posibilidades de comercialización dos seus produtos, mantendo o cometido da multifuncionalidade e do desenvolvemento sostible.

 
Entre os principais traballos que realizamos cítanse:

 
  • Canal de comunicación coas diversas institucións públicas e privadas para a defensa dos intereses dos seus socios.
  • Presenza en reunións, grupos de traballos e comisións (rexionais, nacionais e internacionais) de carácter agroforestal de relevancia para seus socios.
  • Asistencia xurídico-administrativa no uso, aproveitamento e xestión do monte (madeirable e non-madeirable).
  • Asistencia técnico-administrativa na tramitación de axudas oficiais para diversas actuacións: forestación de terras agrarias, mellora da silvicultura, dotación loxística, ordenación de montes arborados e plans técnicos, entre outros.
  • Asesoramento para a formación de unidades de xestión viable en montes particulares, mediante a súa agrupación voluntaria de fincas forestais privadas ou calquera outra posibilidade que recollida na lexislación vixente, como cooperativas, Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) e Sociedades Limitadas (SL), entre outras.
  • Asistencia e asesoramento en materia de contabilidade, inventario de bens e formalización de obrigacións tributarias, especialmente en MVMC, pero tamén á pequena propiedade privada individual de uso forestal.
  • Traballos preparatorios para a clasificación, formación de xuntas reitoras, deslinde e catalogación de terreos de MVMC.
  • Bases de datos de interese forestal: listados de empresas de mellora e corta forestal, empresas de produtos forestais non-madeirables, intermediarios na corta de madeira (fragueiros e rematantes) e industrias forestais.
  • Dispoñibilidade de cartografía catastral.
  • Formación mediante cursos, charlas, seminarios, congresos e demostracións prácticas sobre inversión, xestión e continuidade, mellora e reinversión forestal.